Noticias

Manuel María no itinerario "Quiroga, territorio literario"

img-20230802-wa0001.jpg

Trátase dunha ruta literaria por lugares de Quiroga vinculados con distintos autores

Unha boa opción para este verán, ou en calquera outro momento do ano, se pasan por terras de Quiroga, é a proposta que promove o Concello de Quiroga e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, "Quiroga, territorio literario" https://museosquiroga.org/vila-literaria/. T
Trátase dunha ruta literaria (pódese facer a pé ou en calquera veículo) e percorre lugares relacionados con seis escritores que se viron influenciados, en maior ou menor grao, polo microcosmos das terras quiroguesas, entre os que está Manuel María xunto a Ernesto Guerra da Cal, Pura e Dora Vázquez, Eduardo Moreiras, Luís Losada, Ánxel Fole
A avoa materna de Manuel María, Consuelo Casanova Neira, era filla do administrador da Torre Penela (actualmente Casa de Tor), no Hospital. Concretamente alí está a placa do itinerario que fala de Manuel María. No texto da propia placa, elaborado por Eva Teixeiro, lémbrase a amizade do escritor con Xosé Estévez e Maribel Goñi, amizade esta que serviu de alicerce para a publicación en 1988 de "Sonetos ao val de Quiroga"
Na foto que acompaña esta nova e que está realizada no punto do percurso dedicado a Manuel María, están dous membros do Padroado da Fundación Manuel María, Xosé Estévez e Eva Teixeiro.