Noticias

Manuel María homenaxeado o vindeiro 20 de maio en Laudio (Araba)

paxina-web.png

09/05/2017

A peña deportivista Anduriña e o Centro Galego, coa colaboración e o apoio do concello de Laudio, inaugurarán un monolito do noso poeta.

A peña deportivista Anduriña e o Centro Galego de Laudio, coa colaboración e apoio do concello de Laudio, van inaugurar un monolito de Manuel María o día 20 deste mes, ás 12.30, na praza Lamuza, como homenaxe ao noso escritor e a súa fonda relación coa cultura e a literatura basca.


A Fundación Manuel María estará presente no acto a través do historiador, residente en Euskal Herria, e membro do Padroado da fundación, Xosé Estévez.