Noticias

A exposición "Manuel María, a palabra viva" estará en Cambre até o 28 de xaneiro

2016.12.27-manuel-maria-a-palabra-viva-en-cambre-2.jpg

Foi inaugurada este pasado martes e estará aberta, na Casa da Cultura Vila Concepción do Seixal, de segundas a sextas en horario de 10 a 14 hrs e de 17 a 21 hrs e os sábados de 10 a 14 hrs

O 27 de decembro foi inaugurada a exposición Manuel María, a palabra viva na Casa da Cultura Vila Concepción, situada no lugar do Seixal-Cambre. Composta de 25 paneis, cada un deles con imaxes, textos do propio autor e unha breve introdución, tenta achegar ás persoas que a visualicen aspectos da biografía de Manuel María, información sobre a súa obra e as temáticas da mesma, así como recoñecementos e homenaxes que recibiu.

A exposición foi exposta durante este ano en concellos como Cerceda, Rianxo, Ponteceso, O Carballiño, Barbadás, Poio, Sarria, Ribadeo, Foz, Oleiros e Carral, e colexios de distintos lugares do país.