Noticias

Lugares e horarios das lecturas públicas da obra literaria de Manuel María

formato-web-na-tua-voz5.png

20/04/2016

A Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Xinzo de Limia, Lalín, Carballo, Barbadás, Betanzos, Brión, Vilalba, Outeiro de Rei, Monforte, Carral, Ortigueira, Rodeiro, Ribeira, Xermade, A Laracha, San Sadurniño, Guitiriz, Cedeira, Arteixo, Bueu, Boiro, Redondela, Cambre, Bandeira, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Cedeira, Lousame, A Bandeira, Santa Comba, Entrimo, Begonte… son algunhas das localidades que desenvolverán lecturas públicas da obra literaria de Manuel María e que baixo o nome Manuel María na túa voz é promovida pola Fundación Manuel María. Esta actividade desenvolverase ao redor do día 23 de abril, día do libro, e tenta ser unha homenaxe pública, popular e literaria a Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

A Fundación Manuel María anima e convida ás galegas e galegos a que asistan a estes actos, organizados por Concellos, Bibliotecas Municipais, entidades culturais…, quer como público, quer  lendo ou recitando algún dos poemas ou textos da prolífica e polifacética obra creativa do escritor chairego.

As localidades onde se van levar a cabo as lecturas públicas son, polo momento:
A Bandeira (Silleda), día 23, na Casiña dos contos da Bandeira, ás 12 hrs
Barbadás, día 23, xunto á rotonda da Familia, de 11 a 13 hrs

Betanzos, día 23, na Libraría Biblos, ás 12 hrs

Brión, día 23, na Biblioteca Pública Municipal de Brión, ás 12 hrs
Bueu, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 12 hrs
Cambre, día 23, na Sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre, ás 12 hrs
Cedeira
A Coruña, día 23, no Museo de Belas Artes (rúa Zalaeta, 2), ás 12 hrs
Carral, día 23, no Monumento aos Mártires, ás 20 hrs
Carballo, día 22, auditorio da Biblioteca Rego da Balsa, ás 11.30 hrs
Entrimo, día 23
Guitiriz, día 23, na Casa Habanera, ás 12 hrs
Ferrol, día 23, no Antigo Hospicio en Amboaxe, ás 12 hrs
Lalín
A Laracha, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 12 hrs
Lousame, día 23, na Casa da Cultura, ás 12 hrs.
Lugo, día 23, na praza Maior, ás 18 hrs
Monforte, día 23, na praza Manuel María (se chove  na Casa da Cultura), ás 12 hrs
Oleiros, día 23, ás 11.30 e ás 17 hrs na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei)
Ortigueira, día 22, na Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, ás 11 hrs
Outeiro de Rei, día 23, na Casa-Museo Manuel María, ás 11.30 e ás 17 hrs
A Pobra do Caramiñal, día 23, no Cine Elma, ás 12.30 hrs
Pontevedra, día 23, diante da praza de abastos (rúa Serra), ás 12.30 hrs
Redondela, día 22, na radio municipal, durante todo o día
Rodeiro, día 22, na Biblioteca Pública José Carballo Suárez
Ribeira, día 23, na Biblioteca Municipal
Santa Comba, día 23, Auditorio Edificio Multiusos, ás 19 hrs
Santiago de Compostela, día 22, na praza Cervantes, ás 19.30 hrs
San Sadurniño, día 22

Taboada, día 23, no marco do Roteiro das Artes a partir das 19.30. Nenas e nenos do CEIP de Agolada recitarán poemas do libro Os soños na gaiola.


Vigo, día 23, na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2). 11 hrs
Vilalba, día 23, na Casa da Cultura, ás 12 hrs
Vilagarcía de Arousa, día 23, na Cafetaría Ravella (na praza Ravella), ás 12 hrs
Xermade, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 12 hrs
Xinzo de Limia, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 11 hrs