Noticias

Lanzamento da publicación Memoria da Terra (prosa xornalística escollida)

o_image-56.jpg

Orientada a alumnado de Bacharelato e público en xeral, a publicación achéganos á coñecida faceta do Manuel María divulgador: o colaborador habitual da prensa galega desde os anos 50 até tan só uns días antes do seu falecemento, en 2004. 

Memoria da Terra é unha colección de pequenas pezas literarias publicadas en xornais e revistas, nas cales Manuel María plasma a súa visión de Galiza desde o punto de vista cultural, histórico, artístico, lingüístico...e que nos introducen no coñecemento do país e das súas xentes máis ilustres.