Noticias

“Fisterra”, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

img_6803.jpg

09/10/2022

Será editada, xunto ás outras obras finalistas, nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.

“Fisterra”, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción lírica, para voz e piano, que resultou gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais celebrada naa tarde do día de onte, cunha gala-concerto, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei (vídeo da interpretación nesta noticia). O autor que levou un premio de mil euros en metálico, verá a súa composición editada xunto as obras das outras finalistas nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.
A gala-concerto encadrouse ao redor do aniversario de Manuel María, o 6 de outubro, e contou coa presenza do barítono Gabriel Alonso e o pianista Aurelio Viribay que interpretaron nunha primeira parte as cancións finalistas Orballo de Teo Montero, A lúa de Saúl Aguado, Rosas de Teresa Bretal e Fisterra de Saúl Aguado. E nunha segunda parte presentaron en concerto o seu traballo No Camiño -dous séculos de canción galega-.

Galería de vídeos