Noticias

Ferrados de Letras 2016: homenaxe poético-musical a Manuel María

ferrados-de-letras-no-agora.jpg

24/05/2016, ás 20.30 horas - Auditorio do Centro Ágora da Coruña

Ás 20.30 horas. Coas actuacións musicais de Parabéns e Mini e Mero e recitado de poemas acompañado de canto e baile tradicionais 

A Asociación veciñal da Agra do Orzán e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña organizan este martes ás 20.30 horas, coa colaboración do Concello, a segunda edición do Festival de Música e Poesía Ferrados de Letras. Nesta ocasión o dito festival será un acto poético-musical de homenaxe a Manuel María: 

O festival comezará ás 20.30 cun recitado de textos poéticos de Manuel María acompañado do canto e do baile tradicionais; unha proposta escénica baixo o nome A Forza da Palabra. Completarase máis adiante coas actuacións musicais de Parabéns e Mini e Mero.