Noticias

A Irmandade Manuel María e Xermolos entregan este domingo, a "Navalla do Manuel" a Xosé Estévez e, a xeito póstumo, a Xabier P. Docampo

69294890_2337779189809245_4685122215362953216_n.jpg

05/09/2019

Será este 8 de setembro, cabodano de Manuel María, en Outeiro de Rei

Cada 8 de setembro, cabodano de Manuel María, ten lugar en Outeiro De Rei Outeiro de Rei, un emotivo acto de lembranza a Manuel María, organizado pola Irmandade Manuel María e Asociación Cultural Xermolos.

O programa deste domingo será:

15:00 Xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra.
17:00 Recital de poesía en Penas de Rodas
18:00 Levamos unha rosa ao cemiterio de Outeiro de Rei, acompañada de versos e comunicados.
Benvida co “Canto da Irmandade: O carro” (Letra: Manuel María, Música: Baldomero Iglesias Mero) e o Himno galego.
18:30 Na carballeira de Santa Isabel farase entrega da “Navalla Manuel María” a Xosé Estévez por Branca Pazos, con lámina de Eneko. Entrega da Navalla do Manuel a xeito póstumo a Xabier P. Docampo, na man da súa familia, fai a presentación Mero Iglesias, con lámina de Suso Cubeiro.

Bocado comunal e grolo de Irmandade proveito de ben e futuro.
Recital de poesía e música…

A organización todos os anos entrega dúas estampas dedicadas a ManuelMaría, neste ano o texto pertencente á de  Xabier P. Docampo é de autoría de Baldomero Iglesias  Mero e o texto que acompaña á de Xosé Estévez é de Paco Martín. O logo da Irmandade Manuel María é obra do artista Martinho Picallo.

Quen queira apuntarse ao xantar de confraternidade, pode facelo chamando ao teléfono 646-413-890.