Noticias

Dúas novas reedicións sumaranse aos libros de Manuel María publicados pola Casa-Museo

batuxo-(debuxo-f.-senen).jpg

"Ritual para unha tribo capital de concello" e "Cancioneiro de Monforte de Lemos" sairán proximamente do prelo

A Casa-Museo vén de anunciar a próxima saída de dúas novas reedicións que se xuntarán aos vinte e un títulos de e sobre Manuel María xa publicados. En concreto, trátase da terceira edición de Cancioneiro de Monforte de Lemos, unha obra editada en colaboración co propio concello monfortino, e tamén a terceira edición de Ritual para unha tribo capital de concello.