Noticias

Cúmprense 50 anos da primeira edición de "Versos para un país de minifundios"

downloadfile.jpg

28/03/2019

Trece poemas, escritos en xuño de 1968, que reflicten o compromiso total de Manuel María co seu pobo, Galiza

O 28 de marzo de 1969 saia do prelo en Bos Aires, após ser salvaxemente mutilado pola censura case un ano antes,  "Versos para un país de minifundios". Libro editado grazas ao mecenas e presidente da editorial Nós, Manuel Puente, e que foi publicado ao coidado de Víctor Luis Molinari e con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín. 

Os trece poemas que conforman o libro foron escritos no mes de xuño de 1968 e neles o compromiso do poeta co seu pobo efectivízase poeticamente na súa lingua e na súa realidade sociolingüística, e na identificación coas galegas e galegos e na denuncia do estado de opresión, manipulación e somentemento que sofren en todos os planos da vida galega. Manuel María chama ao pobo para asumir a responsabilidade da reconstrución da Galiza.

Algúns dos poemas deste libro pódense escoitar na voz do poeta nesta propia páxina web, concretamente en Recursos>Audio>Recitado