Noticias

Carvalho, Lingua e Terra

carvalho.jpg

18/03/2021

O 25 de marzo, xornada da Federación Galiza Cultura para afondarmos na vida, obra e importancia do escritor

A Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convoca, ás asociacións culturais e aos centros de ensino para a xornada “Carvalho, Lingua e Terra”, actividade que se levará a cabo o 25 de marzo. Para iso, Galiza Cultura edita unha banda deseñada sobre a vida, obra e pensamento de Ricardo Carvalho Calero, cuxo autor é Pepe Carreiro, que ademais de imprimir e distribuír gratuitamente, pon a disposición pública en PDF no seguinte enderezo dixital (http://galizacultura.gal/carvalho-lingua-e-terra/).
Alén diso, o xoves 25, ás 20:00 h., emitirase o vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e a conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro, e posteriormente, ás 20:40 h. celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións cultura. Esta actividade emitirase polo canal de youtube de Galiza Cultura (https://youtu.be/TUdkNFja6_I).