Noticias

Carla López e Carla Díaz con "Cantar de emigración" e Noa Fernández con "Cheguei a Fisterra" son as gañadoras da primeira edición do Concurso de videopoemas organizado pola Casa-Museo Manuel María

vlcsnap-2017-05-20-19h03m06s508.png

Gloria Guindos Bretones obtivo unha mención honorífica polo seu traballo "Negra Sombra"

O xurado, do primeiro Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, elixiu por unanimidade como videopoemas gañadores "Cantar de emigración" de Carla López e Carla Díaz, do IES Pinguela de Monforte de Lemos, e "Cheguei a Fisterra" de Noa Fernández, do IES David Buján de Sigrás-Cambre. Tamén outorgou unha mención honorífica para o videopoema de Gloria Guindos Bretones, do IES David Buján de Sigrás-Cambre, que leva por título "Negra Sombra".

A xornada consistiu na proxección de todos os videopoemas seleccionados finalistas, un total de 10 de entre os 70 vídeos presentados no concurso, e no desenvolvemento do espectáculo de maxia que levou a cabo o ilusionista David Méndez.

 

Galería de vídeos