Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Gloria Guindos Bretones obtivo unha mención honorífica polo seu traballo "Negra Sombra"
O xurado, do primeiro Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, elixiu por unanimidade como videopoemas gañadores "Cantar de emigración" de Carla López e Carla Díaz, do IES Pinguela de Monforte de Lemos, e "Cheguei a Fisterra" de Noa Fernández, do IES David Buján de Sigrás-Cambre. Tamén outorgou unha mención honorífica para o videopoema de Gloria Guindos Bretones, do IES David Buján de Sigrás-Cambre, que leva por título "Negra Sombra".
A xornada consistiu na proxección de todos os videopoemas seleccionados finalistas, un total de 10 de entre os 70 vídeos presentados no concurso, e no desenvolvemento do espectáculo de maxia que levou a cabo o ilusionista David Méndez.