Fundación Manuel María de Estudos Galegos
03/10/2019
O grupo de folk vigués tocará o 19 de outubro e a representación de "Os libros contraatacan" será o 26 deste mes
A Casa-Museo Manuel María comeza o 19 de outubro a súa programación cultural da man de Caldo, grupo de folk vigués composto por María, Pedro e Anaïs que tiraron no pasado marzo o seu primeiro traballo discográfico. Tamén o público familiar e as crianzas poderán desfrutar, o 26 de outubro, da peza de teatro "Os libros contraatacan" de Lucecús Teatro.