Fundación Manuel María de Estudos Galegos
13/05/2016
A exposición que acaba de estar nos concellos de Carral e Poio trasladarase a finais de maio a Sarria
A Casa da Cultura da Valenzá (Barbadás) e a Biblioteca Municipal de Ponteceso acollen estes dias e até finais de maio a exposición "Manuel María, a palabra viva". Unha mostra que vén de estar anteriormente nos concellos de Carral e Poio e que é un percorrido, de maneira moi didáctica, pola vida e obra de Manuel María.
A partir do 27 de maio e até o 9 de xuño, a exposición estará en Sarria.