Fundación Manuel María de Estudos Galegos
08/02/2016
As árbores, as plantas, as flores e os animais son os protagonistas das novas presentacións que están en Recursos>Outros.
Trátanse de dúas escolmas de poemas de Manuel María con temática sobre as árbores, as plantas e as flores, e sobre os animais. Acompáñase cada poema cunha fotografía.
Estas presentacións realizadas por Adela Leiro e Mon Daporta recollen poemas sobre moitas das plantas e árbores do país, como o carballo, o castiñeiro, o cedro, o salgueiro, a bidueira, a chorima, a rosa...e tamén sobre diferentes animais como o boi, o can, o gato, a toupa, o vagalume, a donosiña, o lobo, a raposa...