Noticias

Aldaolado, coas poetas Lucía Aldao e María Lado, presentará, o venres 17 de febreiro na Casa-Museo, o espectáculo "Pendanca e oso"

cartazpedanca.compressed.png

Poesía, música e humor son os eixos deste espectáculo que xira sobre o amor

O venres, 17 de febreiro, ás 20.30 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o proxecto poético-humorístico-musical Aldaolado, composto polas poetas Lucía Aldao e María Lado, presentará "Pendanca e oso".
Este espectáculo é descrito polas súas protagonistas da seguinte maneira : Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitarán neste espectáculo, póndolle moita música e moito humor ao amor máis romántico e ao amor máis miserábel. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanca e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.

O billete para poder presenciar esta actividade ten un prezo de 5 euros e pódense facer reservas a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou por teléfono chamando ao 698177621