Noticias

A música amorosa das palabras. Concerto de clausura do Ano Manuel María

cartaz-concerto-clausura-a3.jpg

Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández serán as encargadas de pór o acompañamento músical aos versos de Manuel María o xoves, día 15 de decembro, ás 20 horas no Teatro Colón da Coruña

O xoves 15 de decembro, ás 20 hrs, no teatro Colón da Coruña a Casa-Museo Manuel María porá por todo o alto o ramo ao fecundo ano das Letras Galegas para Manuel María. Os versos do poeta terán de novo o cálido acompañamento musical de tres grandes músicos da música galega actual, Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

O concerto, que leva por título A música amorosa das palabras, pon final ás actividades que este ano, aproveitando a efeméride, se foron desenvolvendo desde a Casa-Museo para difundir a obra de Manuel María entre o máis amplo público posíbel.

A entrada é de balde até completar o aforo, mais é preciso retirar o billete-invitación na billeteira do teatro o mesmo día 15 en horario de 12 a 14 hrs e de 17 a 20 hrs.