Noticias

A exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!" estará a partir da próxima cuarta feira exposta no CPI de Xanceda

img_20200203_111601.jpg

20/02/2020

Vén de ser exhibida no IES de Ordes

No día de onte veu de ser clausurada, no IES de Ordes, a exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!", onde estivo durante máis de dúas semanas. A exposición de carácter divulgativo está composta de vinte paneis, nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, axudando a interpretala mellor no seu contexto e desfacendo tópicos sobre a súa figura. 

A partir da próxima cuarta feira estará no CPI de Xanceda, concello de Mesía.