Noticias

Rianxo acolle a exposición "Manuel María, a palabra viva"

fotosmanuelmaria_00033.jpg

08/03/2016 - Rianxo

Até o 18 de marzo, no Auditorio de Rianxo, estará exposta co obxectivo de achegar e coñecer a personalidade e a obra literaria de Manuel María.

A exposición "Manuel María, a palabra viva" recala, desta vez, en Rianxo, concretamente no seu Auditorio (rúa Autores da Rianxeira, s/n). Os distintos paneis que a compoñen tentan introducir ás persoas que a visiten en aspectos da biografía do noso poeta, así como na súa variada e rica obra creativa.

A exposición pode visitarse até o 18 de marzo en horario de martes a venres de 12 a 14 horas e de 16.30 a 21.30. Os sábados de 12 a 13.30 e de 16.30 a 19.30.