Noticias

A Casa-Museo Manuel María vén de anunciar os finalistas da Vª edición do Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

imaxevideopoemas-22(segundo).jpg

Serán once os videopoemas que se proxectarán o próximo 14 de maio na Casa-Museo Manuel María

A Casa-Museo Manuel María vén de dar as grazas a todas as persoas, alumnado e docentes, polo esforzo e participación, máis de 80 traballos, na  quinta edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e de Manuel María, e de informar da resolución do xurado que declarou, o pasado 29 de abril, como finalistas os seguintes videopoemas:
 
Título: Terra Chá
Autor: Román Pereira Cuba
IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
 
Título: A xustiza pola man
Autora: Esther Dopico Aires
IES Fernado Esquío (Neda)
 
Título: Adiós ríos, adiós fontes
Autoras: Adriana Silveira Ríos e Ana Loroño Ferrer
IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra)
 
Título: Parte miña 
Autora: Gloria Iglesias Grobas
CPI de Xanceda
 
Título: Cada noite eu chorando pensaba
Autoras: Iria Mantiñán Fernández e Lara Gil Vázquez
CPI de Rodeiro
 
Título: Cand’era tempo d’inverno
Autora: Hiba Lajouad Dyani
IES nº 1 da Estrada
 
Título: Adiós ríos, adiós fontes
Autora: Carla Ferro Vallejo
IES Mendiño (Redondela)
 
Título: Cantares Gallegos (Pasa río, pasa río)
Autores: Carla Toucedo Amoedo e Álex Rubiñán Figueroa
IES Mendiño (Redondela)
 
Título: As orixes
Autora: Cecilia Agulla Ríos
IES Mendiño (Redondela)
 
Título: Follas Novas (¡Cal as nubes no espazo sin límites)
Autores: Eva Enciso Balseiro; Jana Fernández Pérez; Leire Ferreño Jaime; Mateo García Casanova; Yago Martín Castro; Silvia Piñón Fraguela; Lucía Ramírez Mateo; Eduardo Santos Silva; Diego Sendón Manso; Jorge Catalán Carballo; Nicolle Vanessa Daza Palacios; Héctor Filgueiras Pereira; Antía García Tenreiro; Daniel Lamas Toimil; Míriam Sánchez Garrido
CPR Santiago Apóstol (Narón)
 
Título: Ti hoxe, mañá eu
Autora: Laura Gómez Grande
IES A Pinguela (Monforte de Lemos)
 
Agora os videopoemas finalistas pasarán á seguinte fase do certame a celebrar na mañá do próximo día 14 de maio, sábado, no auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei). Ese día farase unha proxección pública dos traballos finalistas e concederanse os premios.