Noticias

A Casa-Museo Manuel María publica o epistolario de Manuel María e Xosé Neira Vilas

2021.02.22-portada.png

16/04/2021

Estará disponíbel para a súa compra nas librarías e na loxa virtual da Casa-Museo a partir do 23 de abril

Vén de saír do prelo o libro "Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997)", edición a cárrego de Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato. 

A publicación da Casa-Museo Manuel María recolle o epistolario entre estes dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.