Noticias

A Casa-Museo Manuel María permanecerá fechada entre o 19 de decembro e o 9 de xaneiro

1086478108_c372d4f8db_o.jpg

- Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

A Casa-Museo Manuel María permanecerá fechada por vacacións a partir deste sábado 19 de decembro e até o vindeiro 9 de xaneiro, tamén sábado, no que reabrirá as súas portas, xa no Ano das Letras para Manuel María, que se celebrará durante todo 2016. 

Durante este tempo atenderemos as vosas consultas no correo electrónico e manteremos operativa a tenda virtual da nosa páxina web, a través da cal poderedes adquirir publicacións e outros materiais sobre Manuel María. Non perdades detalle dos lotes promocionais, con prezos máis que interesantes! 

Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas moi boas festas de Nadal e un moi ventureiro 2016, que a ben seguro chegará cargado de propostas e iniciativas arredor de Manuel María.