Fundación Manuel María de Estudos Galegos
En maio tamén comeza o horario de verán que se prolongará até o 30 de setembro
A Casa-Museo Manuel María estará aberta para as persoas que a queiran visitar este vindeiro feriado, o 1 de maio.
Tamén en maio comeza o horario de verán que se prolongará até o 30 de setembro inclusive.
Así todos os sábados, domingos e feriados (agás o Día da Patria Galega) a Casa-Museo permanecerá aberta en horario de 11 a 14 hrs e de 16.30 a 19.30.