Noticias

A Casa-Museo editará nos próximos meses unha serie de pequenos vídeos para se seguir dando a coñecer e promover a súa visita

miniatura.png

03/12/2019

Vén de editar no día do hoxe o primeiro, titulado "As navallas"

Nos próximos meses, a Casa-Museo Manuel María, coa finalidade dar a coñecer o legado de Manuel María que nela se recolle e promover a súa visita vai tirar unha serie de pequenos documentos audiovisuais.

Hoxe vén de editar o primeiro "As navallas". Nel Felipe Senén, amigo do escritor, lémbranos a afección de Manuel María polas navalliñas. Manuel María levaba sempre consigo varias, apreciaba as das ferrarías de Taramundi e agarimaba as herdadas dos seus.

O vídeo pódese ver na seguinte ligazón

https://www.youtube.com/watch?v=yPUZR27Bp7s