Noticias

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado as proxeccións do programa televisivo Desertores do asfalto

xornadaouteiro.png

As artesás, Idoia Cuesta e Pepa Lombao, e o gandeiro, Xosé Ramón Rodríguez, protagonizan o programa 

 

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 15, ás 18 horas, as proxeccións do programa da TVG, Desertores do asfalto, que protagonizan tres veciños do concello de Outeiro de Rei, o gandeiro e dinamizador do proxecto Vida de Aldea, Xosé Ramón Fernández, de San Clodio, a oleira Pepa Lombao, de Bonxe, e a artesá especializada en cestaría e tecidos, Idoia Cuesta, de Cela.
 
Os vídeos das protagonistas e a gravación da exhibición de estes este sábado na Casa-Museo Manuel María comporán o capítulo dedicado a Outeiro de Rei, que fará parte da terceira temporada do programa que presenta a a xornalista e actriz Rocío Barrio. O acceso para asistir á proxección é libre (reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621)
 
Desertores do asfalto, producido por Nós Cinema para a TVG, é un programa de dignificación do rural e orgullo de pertenza, a través de persoas que decidiron ficar no seu lugar de orixe e de outras que deixaron atrás a cidade e o ruído por crearen un proxecto de vida no rural galego. Alén diso, o programa fai un traballo para pór en valor o patrimonio das parroquias e analiza a necesidade de investir e apostar polo medio. A novidade do formato deriva en que as persoas que asistan como público estarán a ver as proxeccións ao tempo que as protagonistas de cada capítulo polo que a presentadora do programa tentará coñecer a percepción de cada quen.