Noticias

O certame de poesía Manuel María, que organiza a Casa de Galiza en Gipuzkoa, xa ten premiados

img_20191124_112534_941.jpg

24/11/2019

O primeiro premio do concurso foi para Adolfo Caamaño Vázquez, no que tamén resultaron premiados Manuel Antonio Piñeiro Fernández e Francisco Javier Fernández Davila

A Casa de Galiza de Gipuzkoa vén de informar que o xurado da VII edición do Certame de poesía en lingua galega, que organiza a propia Casa de Galiza, acordou na reunión mantida no día de onte, 23 de novembro, os seguintes premiados do concurso:

O primeiro premio, dotado con 400 euros, para Adolfo Caamaño Vázquez polo poema número 43 que tiña por lema "Cartograma para contido primixenio".

O segundo premio, dotado con 200 euros, para Manuel Antonio Piñeiro Fernández polo poema número 3 que tiña por lema "Lintel".

O terceiro premio, dotado con 100 euros, para Francisco Javier Fernández Davila polo poema número 34 que tiña por lema "A miña pel en tatuaxes"