Fundación Manuel María de Estudos Galegos
20/01/2015
Coa vontade de seguir desenvolvendo unha programación estábel de actividades lúdicas e culturais ao longo de todo o ano, o sábado 24 de xaneiro ás 21 horas o auditorio da Casa-Museo Manuel María acolle As aventuras de Nabiza Girl, un espectáculo cómico de Isabel Risco.
Prezo das entradas: 4 €. Reservas no teléfono 698 177 621 ou no correo electrónico fundacion@manuelmaria.com
As entradas reservadas retiraranse na mesma Casa-Museo desde 1 hora e até 15 minutos antes do inicio do espectáculo. Aquelas que non foren retiradas poderanse pór de novo á venda para o público que non tiver reserva feita.