Noticias

CONVÍVIO DA CULTURA GALEGA: Un día de festa e de encontro

cartazconviviocultural.jpg

12 de xullo

O sábado día 12 de xullo celebrarase na Casa Museo Manuel María e na carballeira de Santa Isabel este encontro do asociacionismo de base, onde cada quen ofrece o que fai e contempla o que outros/as fan. Un día de festa arredor da cultura de noso.

CONVÍVIO DA CULTURA GALEGA

CASA MUSEO MANUEL MARÍA. OUTEIRO DE REI. Sábado, 12 de xullo de 2014

PROGRAMA:

10:45.- As Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte reciben aos asistentes na praza do concello.

11:00.- Palabras de benvida da organización no Auditorio Manuel María.

11:15.- Actuación do grupo de teatro da A. C. Medúlio de Ferrol.

11:30.- Breve presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada (por grupos). Simultaneamente: proxección de audiovisuais e actuacións musicais.

12:30.- Saída para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda á Manuel María. Na carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey, intercalándose con outras manifestacións culturais.

14:00.- Xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (Vós traedes a comida e nós poñemos cadeiras e mesas)

17:45.-

Para a xente miúda: Contacontos de “Fabaloba” con “O neno e a estrela” (sobre Díaz Castro)

Para o resto: música, xogos, paseo pola beira do Miño...

18:45: Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo.

* As directivas das asociacións (e quen quixer...) reuniranse ás 17h para intercambiar experiencias e articular fórmulas de colaboración.

** As asociacións poden levar os seus materiais para mostrar e/ou vender (disporán de mesa)