Noticias

MANUEL MARÍA. LÚAS DE OUTONO

cartaz aniversario 2010_640.jpg

Día 7 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

Uxía interpreta poemas de Manuel María. Recitan poemas Fernán Vello, Pilar Pallarés, Luz Pozo e Cesáreo Sánchez

Foi no outono de 1929 cando naceu Manuel María e foi na proximidade do outono de hai seis anos cando nos deixou. Foi tamén o outono o periodo máis fértil do noso poeta e a estación que deu nome a varios dos seus poemas e algún dos seus libros.

LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia. Farémolo mediante a interpretación musical dos seus versos na voz cálida e amiga de Uxía e no recitado de dous poemas por parte de Fernán-Vello, Pilar Pallarés, Luz Pozo e Cesáreo Sánchez.

ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR O AFORO