Noticias

Canto de Permanencia. Homenaxe a Uxío Novoneyra

convitenovoneyra_01.jpg

20 de abril ás 20:30. Teatro Principal de Santiago

Música, audiovisual e poesía. Actuación musical de Uxía Senlle sobre poemas de Novoneyra

Proxección de dous audiovisuais ben diferentes coa mesma finalidade: homenaxear a Uxío Novoneyra. O primeiro deles, o documental "A certeza de ser" que se alimenta unicamente dos textos, recitados e imaxes de Uxío Novoneyra. O segunto, "Canto de Permanencia" que é unha interpretación de "Os Eidos" valéndose das voces de Miguel Pernas e Comba Campoy e as imaxes tomadas no Courel nas catro estacións. No medio, a actuación musical de Uxía Senlle que sumará a súa sensibilidade e bo facer musical, á calidade poética dos textos do poeta do Courel.