Noticias

Xornadas "A Chaira é un poema" (LUGO)

Xornadas dirixidas ao profesorado. Tiñan o obxectivo de dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María e mostrar que a súa palabra segue viva.

XORNADAS: A CHAIRA É UN POEMA: Manuel María

LUGAR: Centro Socio-Cultural “Uxio Novoneyra”. Lugo

DATAS: do 13 ao 16 de febreiro. 2007

HORARIO: de 18 a 20:30 hs.

 

PROGRAMA

Luns 13 de febreiro:

O sentimento da terra e o amor na poesía de Manuel María.

Relator: Manuel López Foxo, escritor e estudoso da literatura galega.

Presentación da fotobiografía sonora.

Relator: Xan Fraga Rodríguez, historiador e profesor de Ensino Secundario.

 

Martes 14 de febreiro

O contexto histórico e sociobiográfico

Relator: Camilo Gómez Torres, profesor de Ensino Secundario e escritor.

Presentación das unidades didácticas Ferrados de corazón, fanegas de alma

Relator: Anxo Gómez Sánchez, profesor de Ensino Secundario.

 

Mércores 15 de febreiro

A obra de Manuel María para os nenos e nenas.

Relatora: Celia Armas García, profesora de Ensino Secundario.

Representación de “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela” de Manuel María.

Inés Cuadrado, Licenciada en Artes Escénicas pola Escola Dramática de Bos Aires.

 

Xoves 16 de febreiro

A poesía de Manuel María.

Relatora: Marta Dacosta Alonso, profesora de Ensino Secundario e escritora

Recital poético: A obra de Manuel María na voz dos rapaces e rapazas dos Colexios e Institutos de Lugo.