Colaboración > Amigos/as da Casa-Museo

Convidámoste a colaborar connosco neste proxecto facéndote Amigo/a da Fundación, aportando a cantidade referencial de 5 euros/mes (podes optar por calquera outra cantidade inferior ou superior). Por parte da Fundación corresponderémosche co seguinte:

  • O agasallo dunha publicación da Fundación cada ano.
  • Recibirás información  das actividades que organicemos.
  • Terás desconto do 10% na adquisición do material da Fundación.
  • Terás os beneficios fiscais correspondentes (dedución do 25% para persoas físicas e do 35% para persoas xurídicas, segundo a Lei 49/2002).

Outras formas de colaboración:

  1. Interésanos todo o que nos poidas aportar que teña a ver con Manuel María: unha foto, unha gravación de son ou de vídeo, unha tarxeta, carta, dedicatoria, recitado, manuscrito...
  2. Fainos chegar as túas propostas de actividades arredor do poeta, da configuración da Casa Museo, das publicacións...
  3. Convértete en Socio/a Protector/a mediante a doazón de 100 euros/mes. A Fundación corresponderáche co seguinte:
    • A presenza do logotipo da empresa ou entidade como “Socio/a Protector/a” na páxina web da Fundación. No caso dos particulares incorporarase ao listado de nomes;
    • Dedución do 15% na adquisición de material da Fundación;
    • Agasallo dunha publicación ao ano por parte da Fundación;
    • Convite para dúas persoas para asistir a todos os actos que se realicen durante o ano
    • Información das actividades da Fundación;
    • Beneficios fiscais (dedución do 25% para persoas físicas e do 35% para persoas xurídicas, segundo a Lei 49/2002).