A Fundación

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi constituída en marzo de 2007 e declarada de interese galego mediante a Orde da Consellaría de Cultura e Deporte de 11 de xuño dese mesmo ano.

A casa familiar

É finalidade central da Fundación manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para iso adquirimos a súa casa natal en Outeiro de Rei e realizamos as obras de remodelación para convertela en Casa Museo Manuel María. Fixemos a súa inauguración o día 7 de setembro de 2013.