Actividades

Zoelas estará este sábado na Casa-Museo Manuel María

Zoelas estará este sábado na Casa-Museo Manuel María

01/06/2022

O grupo orixinario da comarca da Ulloa interpretará o seu traballo Evelaités e algunha peza do seu próximo disco

Este sábado, día 4 de xuño, ás 20 horas, a formación orixinaria da comarca da Ulloa, Zoelas, subirá ao cenario do auditorio da Casa-Museo Manuel María para interpretar ao público asistente pezas do seu traballo Evelaités, así como algunha recente composición do que será o seu próximo traballo discográfico.
Zoelas é un proxecto musical en que se mestura as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais como o reggae, blues ou bossa nova, e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).
Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente o billete (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.