Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Esta peza de monicreques inicia a programación infantil desta nova tempada
O sábado 16 de outubro, ás 17 hrs, inicia a programación infantil desta nova tempada. E faino cunha peza de monicreques, Xogo revolto, de Trécola Producións.
Catro protagonistas, cada un deles cunhas experiencias vividas, cada un deles entende a vida da súa maneira, cada un deles é especial e único. Son amigos, xogan e aprenden xunts aínda que ás veces non saiban comunicarse ou comportarse como deberan…
Unha proposta de monicreques de fío en que nenas e nenos se senten directamente identificados desde o principio xa que o guión está baseado en situacións da súa vida cotiá. Durante a obra decataranse que o seu comportamento inflúe directamente no que poidan sentir as personas que os arrodean.
Para asistir ao espectáculo cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.