Actividades

A XIII edición de Lúas de Outono celebrarase o 20 de setembro coa representación "A lúa vai encuberta"

A XIII edición de Lúas de Outono celebrarase o 20 de setembro coa representación

O teatro Rosalía de Castro acollerá máis un ano esta homenaxe a Manuel María

 

O martes, terza feira, día 20 de setembro, ás 20.30h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña levarase a cabo unha nova edición, a décimo terceira, de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.
 
Na edición deste ano representarase A lúa vai encuberta, das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (con Melania Cruz, Vanesa Sotelo, Tito Asorey e Davide González), baseada na peza homónima de Manuel María. Este espectáculo foi o gañador da IIª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e leva máis de un ano xirando por toda Galiza cunha acollida e un suceso extraordinario.
 
A obra é un verdadeiro mestrado sobre a historia contemporánea de Galiza desde unha óptica propia, ao tempo que un chamamento á acción para a modificar.
 
A entrada é gratuíta mais é necesario reservar os billetes en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (prazo até o día 19 de setembro incluído). No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía.