Fundación Manuel María de Estudos Galegos
21/11/2015 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei
O grupo completou a mañá visitando algunhas das paisaxes próximas á casa natal de Manuel María que este máis amaba: a Carballeira da Santa Isabel e, para acabar a mañá, a Lagoa de Cospeito.
A maioría das e dos visitantes demostraron a súa memoria cantando O carro e recitando varios dos poemas dos Soños na gaiola, libro co que están a traballar na aula.