Actividades

Uxía & Germán Díaz en concerto este sábado na Casa-Museo Manuel María

Uxía & Germán Díaz en concerto este sábado na Casa-Museo Manuel María

Presentan un espectáculo que pretende mostrar toda a beleza das músicas da tradición musical dos camiños a Compostela

A voz dunha das nosas grandes cantoras, Uxía, xunto a Germán Díaz, un magnífico e virtuoso músico e estudoso da zanfona, unen os seus camiños este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, nun espectáculo que pretende mostrar toda a beleza das músicas - históricas e imaxinadas – da tradición musical dos camiños a Compostela.
Uxía e Germán interpretarán desde repertorio medieval a novas composicións (alalás, versións de cantigas de amigo, cantos de xúbilo...), recreando e actualizando aqueles encontros musicais en que non só había música sacra senón tamén música tradicional que as persoas peregrinas traían desde distintos lugares de Europa e que se combinaba coa música vitalista, colorista e diversa de Santiago de Compostela.
Uxía, cantante e compositora, é un dos grandes referentes da nosa música, en nome propio publicou decena e medio de discos, entre eles un editado pola Casa-Museo Manuel María con poemas do propio escritor, á par de innúmeras colaboracións noutros proxectos na Galiza e noutros lugares, salientando Portugal. Germán Díaz, pucelano, na actualidade reside en Lugo, é un compositor e intérprete da zanfona que actúa por todo o mundo con numerosas formacións e intérpretes. Ten colaborado con máis de un centenar de gravacións discográficas, alén de editar numerosas obras en solitario e crear bandas sonoras para o cinema, o teatro e a televisión.
Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621