Actividades

Tino Baz presenta "Si cantan, es ti que cantas"

Tino Baz presenta

29/02/2020

Concerto homenaxe a Rosalía

Tino Baz interpreta este próximo sábado, día 7 de marzo, ás 20 horas once poemas de Rosalía, oito pertencentes a Follas Novas e tres de Cantares Gallegos, nun concerto encadrado dentro das actividades que vén a desenvolver estas últimas datas a Casa-Museo Manuel María em volta da celebración, o pasado 24 de febreiro, do Día de Rosalía.

Si cantan, es ti que cantas é o título da obra discográfica en que Tino Baz interpreta de maneira monográfica a poesía de Rosalía. Textos tratados melodicamente por este músico e cantor que en 2007 editou o traballo
musical Cinsa namorada.

Os billetes (5 euros) para ver o concerto poden reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Galería de vídeos