Actividades

Tanxarina, este sábado, na Casa-Museo Manuel María

Tanxarina, este sábado, na Casa-Museo Manuel María

A histórica compañía de títeres trae a Outeiro de Rei o seu clásico "Titiricircus"

Este sábado, día 20 de xaneiro, ás 17 h, visíta a Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, TANXARINA, unha compañía de títeres con 40 anos de historia, que nos traerá (público: nenas e nenos a partir de 4 anos e familias) o seu espectáculo TITIRICIRCUS.
A peza é un recordo ensoñador e festivo do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo co público, irán aparecendo os números máis importantes daquel vello circo desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailador do mundo...
Para asistir ao espectáculo é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621