Actividades

Presentación de "Un corvo en Caldaloba" de María Xosé Lamas

Presentación de

07/02/2023

Este sábado, 11 de febrerio, ás 19 horas

Este sábado, 11 de febreiro, ás 19 horas, preséntase na Casa-Museo Manuel María o libro de María Xosé Lamas, Un corvo en Caldaloba. 
A autora, xunto a Antón de Guizán (de Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños), introducirá aos asistentes nesta peza teatral escrita sobre os feitos decorridos na torre de Caldaloba no século XV e que supuxeron a fin da existencia efectiva do Reino de Galiza. Unha peza teatral para gozar da súa lectura, e da súa representación, reivindicando un anaco da historia de Galiza e a recuperación da torre, como distintas entidades chairegas e lucenses reclaman, fronte ao seu deterioro e esquecemento.