Actividades

Paraíso Canto en concerto

Paraíso Canto en concerto

Un son persoal do canto do pobo este sábado na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, 12 de novembro, ás 20 horas, Paraíso Canto, dará un concerto no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Martiño Malleiro e Gabi Reboredo, PARAÍSO CANTO, parten da música de tradición oral galega, procurando un son persoal con arranxos propios, e experimentando tamén con outras músicas e culturas do mundo. 
 
A persoal e expresiva voz de Gabi xunto ao latir dos seus pandeiros é acompañada con gusto e delicadeza polos clarinetes baixo e soprano e mais polo acordeón cromático de Martiño 
 
O seu canto é un canto comunitario. O canto do pobo, ese legado marabilloso que nos acompaña sempre: na casa, na aldea, nas tabernas... E eles lévano ao palco deixando que se transforme e que se adapte ao que somos hoxe procurando un son minimalista, mais cun repertorio diverso e emocionante.
 
Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621