Actividades

Paco Nogueiras estará o sábado, 14 de xaneiro, na Casa-Museo Manuel María

Paco Nogueiras estará o sábado, 14 de xaneiro, na Casa-Museo Manuel María

07/01/2023

Presenta o seu espectáculo C@nto comigo!

 

 Paco Nogueiras chega o sábado, 14 de xaneiro, á Casa-Museo Manuel María co seu novo espectáculo C@nto Contigo, unha proposta en que fai un percurso por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” e en que procura tirar a nosa lingua a voar de maneira lúdica e divertida. Nestes “grandes éxitos” haberá retrousos e cancións para participarmos activamente, bailando sen complexos e acompañando coa voz, coas palmas e con acenos.
 
Paco Nogueiras, cos seus instrumentos, percorrerá por un amplo abano de estilos musicais, desde o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, sen esquecer as influencias tradicionais.
 
Por tanto, temos este sábado unha boa oportunidade de cantar coas amigas e amigos nun singular concerto onde a música e o humor transformará o noso auditorio nunha festa moi especial onde todas e todos seremos protagonistas.
 
Para asistir, como sempre, é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
 
O espectáculo vai destinado para crianzas e público familiar, a partir das 17 horas.