Actividades

Paco Nogueiras estará este próximo sábado presentando o seu xornal musical. EXTRA!

Paco Nogueiras estará este próximo sábado presentando o seu xornal musical. EXTRA!

21/03/2021

Quen dixo que non se poden bailar e cantar as noticias?

Paco Nogueiras vén presentarnos á Casa-Museo Manuel María, este sábado 27 de marzo, ás 17 hrs, o seu espectáculo máis recente baseado no libro-cd EXTRA!, en que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
 
Extra! Xa está aquí, é o teu xornal. 
As novas máis curiosas, sucesos especiais. 
Os temas máis diversos podes coñecer, 
os feitos máis recentes. Non os debes perder! 
 
Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos os que vos acheguedes o próximo sábado, día 27 á Casa-Museo Manuel María. 
 
En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. 
 
EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! é alegría, diversión , imaxinación e información.
 
Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.