Actividades

Obradoiro de regueifa con Alba María

Obradoiro de regueifa con Alba María

01/06/2022

A regueifeira, cantora e poeta desenvolverá esta actividade para os participantes dos clubes de lectura e para todas aquelas persoas que queiran asistir

A regueifeira, cantora e poeta Alba María desenvolverá un obradoiro de iniciación á regueifa este sábado, día 4 de xuño, ás 18 hrs. A actividade de dúas horas de duración, é gratuíta e está dirixida para todos os públicos, adultos e crianzas a partir dos dez anos. Para asistir é necesario anotarse previamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.