Actividades

O sábado 21 de outubro Gala-Final do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

O sábado 21 de outubro Gala-Final do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

O pianista Juanma Varela e a soprano Esperanza Mara, alén de interpretar as cinco pezas finalistas, presentarán en concerto un ciclo de cantigas da compositora compostelá Eugenia Osterberger.

A gala-concerto da fase final do II Concurso Manuel María de Composicións Musicais celebrarase o sábado, 21 de outubro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo).
A gala comezará coa interpretación das cinco pezas finalistas a cargo do pianista Juan Manuel Varela e da soprano Esperanza Mara. Unha vez rematada esta primeira parte, mentres o xurado realiza a súa deliberación, o mesmo pianista e soprano presentarán en concerto un ciclo de cantigas da compositora compostelá Eugenia Osterberger.
O acto é público e gratuíto mais, pola limitación de aforo, é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou ao whatsapp 698177621.