Fundación Manuel María de Estudos Galegos
O actor Fran Rei engaiolou o público de todas as idades que o pasado sábado 4 de marzo se achegou á Casa-Museo Manuel María para gozar deste conto de Avelino González inspirado en tres obras de Manuel María
O espectáculo foi organizado conxuntamente pola Casa-Museo e as ANPAS dos CEIP de Outeiro de Rei e Rábade e fai parte da programación de actividades que todos os meses acolle o noso auditorio