Actividades

O Clube de Lectura Xuvenil celebrou a súa última sesión de curso coa novela de Sérgio Klein, "Poderosa"

O Clube de Lectura Xuvenil celebrou a súa última sesión de curso coa novela de Sérgio Klein,

"Frankenstein ou o Prometeo moderno" de Mary Shelly e "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz serán as próximas lecturas tras as ferias de verán

O Clube de Lectura Xuvenil realizou a última reunión deste curso escolar, o 18 de xuño, coa lectura de "Poderosa", novela do escritor brasileiro Sérgio Klein.
Xunto coa protagonista Joana Dalva descubrimos o poder que se agochaba tras a súa man esquerda cada vez que escribía algo sobre papel, introducíndonos así nun feito sobrenatural que tiña lugar dentro do seu mundo real. Pero como se debe usar unha cualidade así? Podemos escribir sobre o fatum doutra persoa para mudalo sen o seu consentimento? Esta foi unha das principais cuestións que nos acompañou ao longo da reunión, chegando incluso a falar dos superpoderes de diversos heroes e heroínas que xa nos mencionara María Reimóndez co seu libro "Fóra do Normal", ou coas habilidades que tiñan os protagonistas de "4 Xinetes" nesa primeira lectura que fixemos cando o Clube se puxo a andar.
Ben é visto que, máis alá de falar dunha obra en concreto, encántanos buscarlle relación con outras sobre as que xa traballamos.
Agora temos un verán cheo de novas lecturas e mundos por descubrir, pode que ata atopemos unha "poderosa" dentro de nós.

Galería de fotos

Sesión do Clube de Lectura Xuvenil

Sesión do Clube de Lectura Xuvenil

 (2021)

Sesión do Clube de Lectura Xuvenil

Sesión do Clube de Lectura Xuvenil

 (2021)