Actividades

Mircromina títeres presenta este sábado "GYROVÂGUS" - Varietes Rural

Mircromina títeres presenta este sábado

12/04/2021

Espectáculo de monicreques para público infantil e familiar

O camiño está cheo de aventuras, sorprendentes lugares, fascinantes lugares e fantásticas personaxes para as persoas que o deciden emprender, como o famoso caso do noso navegante, que subindo pola Serra da Penalonga e xusto antes de coroar o Alto do Seixo, topouse con Raio de Loubicán, metade lobo metade can. O que queira saber más tense que achegar este sábado, día 17 de abril, ás 17 hrs, á Casa-Museo Manuel María.

Con elementos de títeres de luva, "varilla", fíos e ritmos emitidos en directo, constrúese unha ollada da vida do navegante que chegado de lonxe atraca nun pequeno porto da Mariña. Serán Raio, Antolín e o Propietario, as personaxes da terra que coa súa natureza e comportamento tracen o destino do nauta nesta simpática aventura.

O espectáculo vai dirixido para público infantil e familiar. É imprescindíbel reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.